Temos 14 invitados conectados

Pontedeume na Rede...!!!

 
  • Aumentar fonte
  • Fonte predeterminada
  • Disminuir fonte
Benvidos a Pontedeume na Rede...!!!

Galinux

E-mail Imprimir PDF

   Teño dobre personalidade no que respecta ao Linux. Cada certo tempo instalo un Linux na miña computadora, o configuro co último KDE, instalo Openofficce, Gaim, Firefox, e póñome a traballar sabendo que as aplicacións que estou a usar foron desenvolvidas sen ánimo de lucro por xente de todo o planeta. Logo, un día, hai algo que sei que se pode facer pero non son capaz polos meus limitados coñecementos do sistema e caio na trampa: volvo ao Windows no que me desenvolvo con moita máis soltura.

   Ainda que esto me pase unha e outra vez recoñezo que son "linuxero" por principios, ainda que non por coñecementos. A dinámica actual do Linux e do software libre en xeral, paréceme imparable. As aplicacións libres que hoxe en día pululan pola Rede permiten traballar, dentro da normalidade, sin gastar un só euro en software, librándonos así da cárcere das grandes multinacionáis da programación que con pequenos cambios estéticos, utilizando as mismas librerías querennos obligar a comprar software cada dous ou tres anos.

  Mesmo as administracións están xa no bo camiño como demostra a intensa utilización do sistema operativo libre no eido educativo das comunidades autónomas. Mesmo en Extremadura ou na nosa Galicia temos xa unha distribución adaptada. O Ateneo Eumés co que colabouro (ainda que menos do que me gustaría) ten organizado para o vindeiro 19 de Xuño un acto de presentación ou de difusión de Galinux e o Software libre en xeral. José Manuel Pello da asociación Amigus de As Pontes falaranos, no centro de maiores, do desenrolo de Galinux, da súa utilidade na vida persoal ou profesional, doutras aplicacións libres como Gaim, Gimp, Firefox, Thunderbird, etc. para despertar un pouco as nosas conciencias e racionalizar o uso do software.

   Pontedeume, como ven sendo normal, está á cola na comarca neste eido. Xa non é que a nosa administración non se move  a prol do software libre, é que non hai actividade persoal, ou polo menos eu non a coñezo. Gustariame que todos vos, os que visitades as páxinas da Eumesfera , os que facedes as páxinas eumesas, os que comentades as novas, os que usades software libre, asistades a ese acto. Quizáis poidamos montar un grupo de traballo eumés en software libre, ou argallar unha party como a de Mugardos ou As Pontes. Ou polo menos coñecernos os eumeses que usamos software libre para poder comentar as esperiencias.

Vémonos o 19...

 

Querida ministra:

E-mail Imprimir PDF

Querida ministra González Sinde:

   Ante todo presentarme, son socialista simpatizante, militante, activista e crítico. Son usuario de Internet dende o ano 1.994 con NCSA Mosaic, ainda que vostede non sepa de que estou a falar. Accedín a Internet dende a Universidade, dende a miña casa cun modem a 14.400 bps, a 28.800 bps a 56.000 bps e posteriormente tiven un ADSL de 256 Kbps, de 512 Kbps e ata de 1 Mbps. E a pesar de que vostede e máis eu somos prácticamente da mesma xeración doume conta de que o tempo discurre de manera distinta para uns e outros.

   Ao fío das súas declaracións de antonte quería tentar facerlle ver que hoxe, no 2.009, xa ninguén gaña os seus cartos afiando coitelos, nin vendendo cintas de cassette, nin fabricando lámpadas de infrarroxos para as mesas camillas. Todos eles tiveron que optar por modificar as súas formas de vida e adaptalas á sociedade cambiante na que lles tocou vivir. O mundo é global hoxe en día, a sociedade é global, os nosos fillos comparten inquedanzas, pensamentos e música co mundo enteiro. Levan a súa sociedade enriba dos seus pantalóns, o móbil conectado á Rede, escoitando un mp3 e chateando. I esto o fan mentras camiñan pola rúa, non se agochan, fanno á luz do día e quen non o ve e porque non quere.

   A sociedade moderna ríxese por uns cánones de liberdade más fortes que antaño e camiña cara acadar límites de liberdade intelectual, social e persoal que probablemente no sexamos capaces de intuir plenamente hoxe en día.

   A producción intelectual debe ser universal e gratuita para o usuario, os que a xeneran teñen que gañar os seus cartos, deben poder vivir dignamente da súa producción, pero hay métodos, xa os hai hoxe en día, para que o usuario poida disfrutar do arte ou da cultura sen custo persoal algún. Non hai más que transcribir a palabra máxica: "Google". Vaia vostede a http://www.google.es/intl/es/options/ e bote unha ollada a todo o que esta empresa nos ofrece de forma gratuíta. Esta empresa que gañou no 2007 4.203,7 millóns de dólares.

   A laboura dunha boa ministra de cultura debería ser traer a cultura española ao ano 2.009 que boa falla fai. A nosa cultura está en risco pero non porque os usuarios a usen, senón porque está a seguir un "modelo productivo" que xa era obsoleto nos oitenta, pero un módelo cómodo e beneficioso para as grandes compañías e os artistas. Uns e outros terán que adaptarse ou morrer. Hai que cambiar o "modelo productivo", coma no económico.  E a súa misión debería ser modernizalos, non tentar manter manter un status quo que lles permita seguir a sacar cartos dos bares con televisión e das verbenas das festas patronáis. Debería explicarlles que hai que buscar novas vías de financiación sin necesidade de cargarlas no usuario e por suposto coa responsabilidade do de favorecer eses cambios e facelos cumprir.

   Pero o que está a facer é cobrarnos a todos "por si acaso" algunha vez estamos tentados a baixar unha canción ou imprimir unha carátula dun disco. O que tenta facer é facer cumplir unha lexislación que non ten nada que ver coa realidade actual. As leis teñen que regular a realidade, non se pode adapatar a realidade ás leis.

   Estou profundamente decepcionado coa decisión do noso presidente socialista, do meu presidente, de nomeala ministra e as actitudes que estou a ver non fan máis que confirmar os meus temores.Paréceme "asustante" que a ministra de cultura non coñeza a realidade ou non a quera ver.

   Saiba que seguiré, mentras sexa capaz, avanzando coa sociedade na que vivo. Saiba que baixarei música e películas. Saiba que usarei as aplicacións de Google. Saiba que mercarei discos e seguirei indo ao cine. Saiba que esta páxina está feita cun desenrolo de software libre sen pagar un can por elo.

   Saiba que ao mar non se lle poden poñer portas e que a ola acabará por arrasar a todos os que tenten frear a marea de liberdade que representa a comparticiónde arquivos, o software libre e as redes sociáis. Saiba que o mundo e a sociedade son máis intelixentes que os individuos.

 

Un saudo e moitas grazas pola súa atención.

 

17 de maio

E-mail Imprimir PDF

   O 17 de maio é un día importante, é o Día das Letras Galegas, o Día mundial das Telecomunicacións, o Día de Internet, o Día contra a Homofobia e a Transfobia e por suposto a festividade de San Pascual Bailón.

  Ás veces dubido, e moi seriamente, sobre a oportunidade destas celebracións estimuladas dende o sistema.

  Quizais sexan necesarias para nós lembrar a importancia do traballo doutros que loitaron por conseguir o que hoxe deixamos poñer en risco por telo normalizado na nosa cultura social.

   Quizais si non celebrásemos o Día das Letras Galegas non seriamos capaces de lembrar aos que como Ramón Piñeiro traballaron arreo dende dentro e fora do réxime franquista pola consecución dunha Galicia galega e para os galegos.

   Quizais si non houbese un Día contra a Homofobia e a Transfobia habería un homofobo máis.

   Quizais a partir de mañá haxa algún lector máis en galego.

   Quizais mañá haxa unha familia máis conectada á liberdade do mundo dixital.

   Quizais mañá haxa un porto TCP aberto nos firewall da China.

   Quizais mañá saia alguén do armario da discriminación.

   Quizais mañá o castelán e o galego convivan en paz.

   Porque o galego é unha riqueza persoal e social, porque as Telecomunicacións son un elemento socializador de primeiro nivel, porque Internet abre as portas que outros tentan pechar, porque os homosexuais e tansexuais son persoas, porque Galicia ten que ocupar o lugar que lle corresponde (en galego), porque ainda hai millóns de persoas sen acceso á comunicación, porque hai paises que tentan poñer portas ao campo e impedir que compartamos o que é noso, a cultura. E a cultura xurde das persoas, da nosa necesidade de expresarnos, non dos gobernos, por iso dubido.

   Celebremos entón o 17 de maio como corresponde ainda que o promovan os gobernos ou os concellos ou quen lle pete...

   E aquí estou escribindo un artigo en galego no meu blog construido cun CMS, o subo a través do meu ADSL de 1 Mbps e felicítome porque constato día a día que vai habendo menos homofobia. E ao meu carón "Significado metafísico da saudade" de Ramón Piñeiro para ler hoxe á noite.

 

 

 

 

40 + 1

E-mail Imprimir PDF

40 + 1

 
 
   Algúns os temos xa, e os que non van camiño deles. Xa pasamos a data fatídica, a da primeira crise existencial (a dos 50 ainda queda lonxe) e a verdade e que a celebramos por todo o alto. Tanto que pensamos repetila este ano.
   A cea non foi espectacular e a música puido ser mellor pero tanto o restaurante coma o músico aguantaron ata o final sin rechistar. E por iso darémoslle unha nova oportunidade. 
   O vindeiro 4 de Xullo, Sábado, no restaurante "Los Molinos" teremos a segunda edición da cena dos 40 anos, a dos 40 + 1. As condicións.... as mesmas. 50 hermosos leuros por adiantado na mesma conta que a do ano pasado. E si non a lembrades chamádenos e vola decimos.
   Podes contactar connosco nos números de teléfono do cartel ou na dirección de correo Esta dirección electrónica está protexida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizala . A os que sepades de alguén que tivese os 40 anos e non fose á do ano pasado decídelle que se poña en contacto connosco cando queira.
   Se algún de vos quere colgar un cartel podédelo baixar eiquí.
 
SAUDOS A TODOS.
 

www.pontedeume.es

E-mail Imprimir PDF

WWW.PONTEDEUME.ES

    Dende a Eumesfera damoslle a benvida á páxina web do noso concello. Despóis de longos e escuros anos por fin Pontedeume ten presencia na Rede. Hai que unificar un pouco a cuestión idiomática e completar os listados de enlaces, e algunha cousiña máis. Pero en calquera caso trátase dun feito importante que debería marcar o inicio da chegada ao presente de Pontedeume e o seu concello.

   Dende Pontedeume na Rede ofrecémoslle a esta páxina o noso apoio e colaboración. Se vos fai falta algún contido noso podedes collelo con total liberdade ou pedirmo que volo darei de inmediato

.

 

 


Fotos

Enquisas

Que conexión tes a Internet?
 

Acceso



Banner
Banner
Banner
Banner