Temos 8 invitados conectados

Pontedeume na Rede...!!!

 
  • Aumentar fonte
  • Fonte predeterminada
  • Disminuir fonte

Actividade cultural

E-mail Imprimir PDF

   Hai unha semán asistín a un acto cultural argallado polo Ateneo Eumés. Unha personaxe de Galicia, galego de adopción, de convivencia e de convencimento, e ademáis galeguista, ainda que oriundo de Ciudad Real, estivo en Pontedeume. Xavier Alcalá, o autor de "A Nosa Cinza", de "Contos do Impaís", de "Entre fronteras" estivo a falar da súa lingua, o galego. Pode que non guste a súa particular personalidade, ou o seu sempiterno afán de polemizar, ou incluso a súa actividade profesional no mundo da tecnoloxía, pero do que non cabe ningunha dúbida é de que se trata dunha personaxe importante para Galicia no eido cultural, literario e tecnolóxico.

   Pois ben, a pesar diso, e como ven sendo xa costume nos actos do Ateneo, ou do Concello, ou de calquera outra asociación a asistencia de público foi pésima, e quédome curto. Non sei o que falla, non sei si fallamos os eumeses, a publicidade ou os conferenciantes. Neste caso descartaría a terceira opción polo que dixen no anterior parrafo ao que habería que engadir a súa permanente relación con Pontedeume aumentada se cadra coa colaboración nos últimos tempos con Manuel Molares para a elaboración da súa última novela.

   Sempre dixen que en Pontedeume temos o que merecemos, que temos uns políticos fiel reflexo da nosa actitude vital, que a nosa hostelería é máis ou menos a que nos gusta, que o noso comercio non avanza máis porque nos mesmos non lle deixamos. Máis, hai un sector no que na milña sectaria opinión temos máis do que nos merecemos. Estou a falar do asociacionismo... Temos en Pontedeume unha morea de asociacións culturáis, deportivas, gastronómicas..., que non paran de argallar unha e outra vez actividades, concertos, conferencias, mostras, competicións; e os eumeses veña a fallarlles unha e outra vez (salvo honrosas excepcións). Non hai conferencia con máis de dez ou doce asistentes, salvo que inclua pinchos, nin mostra ou exposición con visitas dos colexios ou apoio en forma do Concello, nin concerto sin criítcas amargas por parte dos que obtiveron menos rendementos cos do lado.

   E os asociacionistas seguen a darlle aos eumeses na testa con cultura no sentido máis amplo. A ver si co tempo vamos collendo o hábito de asistir a estes actos, ainda que sexa porque si.

Comentarios
Engadir novo Buscar RSS
+/-
Escribir comentario
Nome:
Email:
 
Website:
Título:
Código UBB:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
 
 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side::):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:
 
Por favor introduce o código anti-spam que puedes leer en la imagen.
Eduardo   |25-10-2008 19:22:54
É evidente, como dis, que temos o que merecemos.
Morea de ¿asociacións?
¿culturais?, ¿gastronómicas?, ¿deportivas?, ¿ecolóxico-sostibles?, etc.
A
resposta é SI, pero ao final, aínda que parece moito, sodes catro os que
estades sempre no mesmo e os eumeses NIN SE ENTERAN DO QUE TEÑEN.
O único que
interesa é o aparcamento e que non pechen os bares (que tamén é importante).
O resto sonche catro hippies pirados que aínda creen nunha vila con CALIDADE e que creen que poden cambiar algo
para mellorar o que temos.

Nada meu, estamos condenados ao pozo da incultura
absoluta.
Unha mágoa.

Quedamos para tomar uns viños e, de paso, ter algunha
tertulia que mereza a pena?
Anónimo   |26-10-2008 13:07:30
Engado ó cometario de Eduardo a idea que noto na rúa sobre as asociacións
culturais.
Penso que axente da vila ve a estas persoas coma un
grupiño de amigotes que se creen os listos da vila e que pasan ahí o tempo por
non ir pasear polo muelle. (Se fan unha conferencia que vaian eles).
Pensado
así seguiremos sen avanzar abrazados a"sombra telúrica de
Breamo"....
Eu, cando pola rúa volva oir cousas coma que non hai vida
cultural nesta vila, contestarei coa dirección deste post.
eumés   |27-10-2008 19:06:51
Vale ben, estou dacordo. Non hai cultura asociativa. Pero bueno, hai
excepcións: Orballo co festival Internacional e dia da muiñeira, Treme a Terra
co concerto anual, o Eume ten os seus socios...,
Que falla nas outras
asociacións ou en que acertan estas? Non o sei, só pregunto. Igual os temas
non interesan, xa sei que non o credes pero pode ser que á xente non lle
interese a cultura, a política, a lingua,..., pode ser que estas asociacións
se vexan como algo sectario e pouco aberto á sociedade "normal", e como
non, está o mal falar das vilas e pobos pequenos, que non creo exclusivo de
Pontedeume
admin   |27-10-2008 23:19:26
Preocúpame unha frase túa: "...á xente non lle interese a cultura, a
política, a lingua,..."
Pensas que pode ser esa a causa? Entón qué
podemos esperar?.
Prefiro pensar que dende as asociacións eliximos mal os
temas, quizáis dende un ponto de vista subxetivo. Pero quero crer que non somos
tan raros como para que tan só 10 persoas estean interesada no mesmo que
un.
Non sei, ahbería que abrir unha enquisa, quizáis o faga, para elixir as
teméticas das actividades culturáis. No fondo estou convencido de que a xente
lé, opina de política e preocúpalle a nosa lingua. O problema ha de ser
outro.
ignacio   |03-11-2008 11:09:25
evidentemente, como repetides nos vosos comentarios, a culpa é xeral. Porque
esa ducia de persoas que asisten con regularidade aos actos culturais na vila
supoño que tampouco están aquí presentes. Algún de vós incluso parece
entonar o mea culpa. Pero é comprensible. Primeiro, non todos eses actos son
atractivos, un vai a onde lle levan os seus intereses. Segundo, non sempre
coinciden ben. Terceiro, isto é unha vila pequena e, comparando coa asistencia
a un acto cultural calquera nunha cidade como Ferrol, en proporción, tampouco
hai grandes diferencias. Supoño que vós escolledes, entre o abano de
posibilidades, presentacións de libros, exposicións, concertos ou charlas
informativas, aquelas que máis vos atraen, e non asistides a todas. Sacando a
unha ou dúas persoas nunca vin os mesmos rostros nos diferentes actos
culturais. A promoción da vida cultural non pasa só pola asistencia aos actos,
senón tamen pola súa difusión e a participación activa na creación de
cultura.

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

 

Fotos

Acceso



Banner
Banner
Banner
Banner