Xa está, xa chega o momento.
Polo de agora hai xa 62 cuarentóns que confirmaron a súa presenza na cea. a verdade é que cando arrincamos este proxecto non esperabamos máis aló de trinta ou corenta asistentes. A resposta foi prácticamente unánime, todo o persoal sentiuse encantado pola idea. Xa estamos dándolle voltas á idea de repetilo para o ano próximo.
Partimos dunha listaxe moi ampla e contactamos con todos os que poidemos (as nosas desculpas para aqueles que non se enteraron da iniciativa) e aproximadamente as duas terceiras partes dos contactados virán á cea.
Hoxe voltaremos ao restaurante para concretar os detalles, haberá un grifo de cervexa, pinchos previos para ir lembrando vellos coñecidos, a cea e nos postres, barra libre con música.
Quedamos ás 21:00 da noite na Praza Real para tomar uns viños antes de acercarnos a "Los Molinos". Os pinchos no restaurante comenzarán ás 22:15.
Vémonos...
| Comentarios |
|






