Temos 18 invitados conectados

Pontedeume na Rede...!!!

 
  • Aumentar fonte
  • Fonte predeterminada
  • Disminuir fonte

Bailaches Carolina?

E-mail Imprimir PDF

Bailaches Carolina?

Bailei si señor.

dime con quen bailaches

Bailei co meu amor...

   Carolina si que bailou máis os mómaros non.

   As festas das Peras teñen moita importancia no acervo cultural eumés, tanto coma Breamo, o Paso, ou o Pilón. "Meu Deus!, cantos nervos na Praza Real esperando a saída dos mómaros despóis dun ano sen velos."escribia o ano pasado por estas datas. A saída dos mómaros ás doce do mediodía e o baile na Praza Real marcan o comenzo das Peras. Os rapaces esperan un ano (doce longos meses) para ver de novo ese baile máxico entre o mómaro e a mómara que sempre finaliza cun casto bico. É a maxia das festas, a maxia dos mómaros que se repite un ano tras outro sen faltar á súa cita.

   Este ano, igual que o pasado coa cucaña, un fallo de coordinación permiteu que se montase o palco para a entrega de premios da Baixada do Eume á mesma hora en que habían de saír os mómaros do seu refuxio invernal.  E non houbo baile, os mómaros tiveron que sair case a escondidas, por un recuncho entre o concello e o palco e tiraron pola rúa Real sen más baile que un par de xiros diante de Caixa Galicia.

 

 

   Repetíronse as pitadas do ano pasado, a xente clamaba: Non hai dereito!, Non é posible!. Este ano si, a sombra telúrica do monte Breamo caeu sobre a vila aplastando as ilusións de grandes e pequenos, os rapaces terán que esperar ao ano que ven para "disfrutar" dos nervos da espera e do medo que produceo primeiro baile

Este ano as Festas das Peras non deron empezado todavía.

Comentarios
Engadir novo Buscar RSS
+/-
Escribir comentario
Nome:
Email:
 
Website:
Título:
Código UBB:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
 
 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side::):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:
 
Por favor introduce o código anti-spam que puedes leer en la imagen.

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

 

Fotografías

Acceso



Banner
Banner
Banner
Banner