Acabo de actualizar a listaxe de páxinas web relacionadas con Pontedeume. Como hai moito tempo que non axctualizaba nada en Pontedeume na Rede...!!! tiven que borrar unha morea de enlaces, pero tamén engadir un bó feixe de novos sitios.
Os fotologs continuan a proliferar pero van aparecendo algunhas páxinas de locales (A Pitanza, Bar de Jes), comercios como Cacharreira, algunha inmobiliaria (Andrade) e incluso o colexio Couceiro Freijomil.
A maiores xurden na Eumesfera dúas páxinas xeralistas: Pontedeume turismo e Pontedeume en Fotos que axudarán aos nosos visitantes a decidirse a visitarnos.
Con estas Pontedeume na Rede..!!! ten xa 142 enlaces relacionados con Pontedeume.
| Comentarios |
|
Powered by !JoomlaComment 3.26






