Temos 32 invitados conectados

Pontedeume na Rede...!!!

 
  • Aumentar fonte
  • Fonte predeterminada
  • Disminuir fonte

E o COE?

E-mail Imprimir PDF

   No seu momento, algúns valoramos positivamente a aparición dun movemento crítico como o que foi, nos inicios, o COE. Parecía que por fin a sangue andaba a correr pola veas dalgúns eumeses. A medida que fumos lendo os boletíns dímonos conta de que había algo máis detrás: o rencor que traslucía na redacción dos panfletos non era froito tan só dunha análise crítica da vida política ou social, non, había algo máis que nunca cheguei a coñecer.

   Logo gañaron as eleccións, e digo gañaron porque foi o que pasou. Cando nunhas eleccións un partido novo, xurdindo da nada, obtén o 23% dos concelleiros trátase dunha victoria. Foi a victoria do cansancio, do "basta ya" ás políticas continuistas, o rechazo a toda a a estructura política da vila.

   Agora o COE languidece, os seus concelleiros votan sen unidade de grupo, o seu ex-lider nin aparece polos plenos, xa non hai boletíns, nin apoian ao goberno nin o deixan de apoiar. Hasta a páxina web http://www.coepontedeume.org desapareceu hai unhas semanas. Qué está a pasar?, Vai desaparecer o COE?, e os seus concelleiros pasaránse a algún partido?, quererános algún partido?.

   A pena de todo isto é que o perdedor vai ser, de feito o é xa, unha vez máis, Pontedeume. A actual etapa de ingobernabilidade ven causada, en boa parte, pola falta de trasfondo ideolóxico do COE, que lle impide aliñarse nunha ou noutra dirección con lealtade e amplitude de miras. Velahí a ruptura do pacto de goberno.

 

 

Comentarios
Engadir novo Buscar RSS
+/-
Escribir comentario
Nome:
Email:
 
Website:
Título:
Código UBB:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
 
 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side::):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:
 
Por favor introduce o código anti-spam que puedes leer en la imagen.
jorge  - desastre   |13-11-2008 00:19:03
Es una vergüenza y un despropósito la gestión de los votos que realizó el
COE, tomaro el pelo a sus votantes. Pero la verdad con los estadistas que
formaban la candidatura no se podía esperar mucho.
Un desastre de buyo y
compañía
nemo   |13-11-2008 21:44:24
Alabo a inxenuidade daqueles que chegaron a crer que unha cousa de nome tan
particular como Coe (as formacións apolíticas son por natureza sospeitosas)
poidese actuar de revulsivo na política local. A súa aparición pantasmal a
través dos famosos panfletos, que eran un auténtico despropósito político e
mesmo literario, non auguraba nada bó. Nada máis erróneo que sacar as
conclusións de sempre do tipo son todos iguais, van polo que van,.. E boa
ocasión para lembrar que hai que entrar na política pola porta de diante e
coas ideas claras. O problema de Pontedeume é o de moitas vilas, a falta de
concienciación cidadá, non podemos esperar todo dos nosos responsables porque
inevitablemente faranse irresponsables, e a endogamia política, o gusto polo
tribalismo político e o pandilleo, expresado no clásico e tí de quen ves
sendo? máis alá da adscripción ideolóxica seria. Un mal que penso non é del
todo irremediable.

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

 

Fotos

Acceso



Banner
Banner
Banner
Banner