Na sección Última hora podedes atopar unha nova actualización dos enlaces da Eumesfera. Engadín 14 novos co que chegamos xa 139 enlaces. Non sei decir si é unha presencia ampla ou escasa, habería que facer unha comparativa, quizási por poboación. Témome que quedemos mal parados.
A pesar dilo Pontedeume si existe na Rede de Redes, na Internet. Si buscas con Google a verba "Pontedeume" atopará 1.080.000 items (ainda que Pontedeume na Rede non, volvo a estar banneado por Google). Tampouco sei si son dabondo para decir que estamos ben representados. O que si é certo é que creceu. Lembro hai anos, ala polo 1.995 navigando pola rede (en minúsculas entón) cun vetusto Mosaic nunha estación de traballo Sun, correndo un maís que limitado Solaris con X, que non había (ou non sabía) maneira de atopar nada nin tan sequera parecido a Pontedeume. Un par de anos despóis xa tiñamos a loita entre Internet Explorer e Netscape e podías buscar Pontedeume no Altavista, pero só atopaba 80 aparicións.
A cousa mudou e penso que debe mudar máis e máis e conseguiremolo co esforzo de todos os "eumenautas".
| Comentarios |
|






