]: Unable to access /usr/home/pontedeume.org/web/administrator/components/com_content/tables/content.php in
A ecoloxía, ben entendida, será, nos vindeiros anos, algo máis cunha filosofía da vida ou unha forma de entender a sociedade. Todos acabaremos facéndonos ecoloxistas por necesidade, xa que, no caso contrario, atoparémonos nun camiño sin saída.
E mentras tanto andamos a espallar pola nosa terra xigantes con brazos xiratorios que acabaran meténdolle medo ao mesmo Don Quixote. Estes seres, supostamente ecolóxicos, están a conformar unha nova paisaxe que acabará por transformar as nosas formas de vida.
O Monte Caxado, entre As Pontes e Ortigueira é una mostra, ben cercana, de ata que punto pódense volver un atentado á natureza os tarabelos. Temos que nos concienciar de que a enerxía é un ben escaso, caro e dañino para a natureza na súa producción polo que haberá que facerlle caso á amiga Bárbara e tentar educar ás vindeiras xeracións noutra forma de pensar. Mentras haberá que pensar en seguir producindo renovábles pero cun pouco máis de sentidiño. E investir en novas vías paraa producción de enerxía limpa.
Isto da que pensar, non?