Querida ministra González Sinde:
Ante todo presentarme, son socialista simpatizante, militante, activista e crítico. Son usuario de Internet dende o ano 1.994 con NCSA Mosaic, ainda que vostede non sepa de que estou a falar. Accedín a Internet dende a Universidade, dende a miña casa cun modem a 14.400 bps, a 28.800 bps a 56.000 bps e posteriormente tiven un ADSL de 256 Kbps, de 512 Kbps e ata de 1 Mbps. E a pesar de que vostede e máis eu somos prácticamente da mesma xeración doume conta de que o tempo discurre de manera distinta para uns e outros.
Ao fío das súas declaracións de antonte quería tentar facerlle ver que hoxe, no 2.009, xa ninguén gaña os seus cartos afiando coitelos, nin vendendo cintas de cassette, nin fabricando lámpadas de infrarroxos para as mesas camillas. Todos eles tiveron que optar por modificar as súas formas de vida e adaptalas á sociedade cambiante na que lles tocou vivir. O mundo é global hoxe en día, a sociedade é global, os nosos fillos comparten inquedanzas, pensamentos e música co mundo enteiro. Levan a súa sociedade enriba dos seus pantalóns, o móbil conectado á Rede, escoitando un mp3 e chateando. I esto o fan mentras camiñan pola rúa, non se agochan, fanno á luz do día e quen non o ve e porque non quere.
A sociedade moderna ríxese por uns cánones de liberdade más fortes que antaño e camiña cara acadar límites de liberdade intelectual, social e persoal que probablemente no sexamos capaces de intuir plenamente hoxe en día.
A producción intelectual debe ser universal e gratuita para o usuario, os que a xeneran teñen que gañar os seus cartos, deben poder vivir dignamente da súa producción, pero hay métodos, xa os hai hoxe en día, para que o usuario poida disfrutar do arte ou da cultura sen custo persoal algún. Non hai más que transcribir a palabra máxica: "Google". Vaia vostede a http://www.google.es/intl/es/options/ e bote unha ollada a todo o que esta empresa nos ofrece de forma gratuíta. Esta empresa que gañou no 2007 4.203,7 millóns de dólares.
A laboura dunha boa ministra de cultura debería ser traer a cultura española ao ano 2.009 que boa falla fai. A nosa cultura está en risco pero non porque os usuarios a usen, senón porque está a seguir un "modelo productivo" que xa era obsoleto nos oitenta, pero un módelo cómodo e beneficioso para as grandes compañías e os artistas. Uns e outros terán que adaptarse ou morrer. Hai que cambiar o "modelo productivo", coma no económico. E a súa misión debería ser modernizalos, non tentar manter manter un status quo que lles permita seguir a sacar cartos dos bares con televisión e das verbenas das festas patronáis. Debería explicarlles que hai que buscar novas vías de financiación sin necesidade de cargarlas no usuario e por suposto coa responsabilidade do de favorecer eses cambios e facelos cumprir.
Pero o que está a facer é cobrarnos a todos "por si acaso" algunha vez estamos tentados a baixar unha canción ou imprimir unha carátula dun disco. O que tenta facer é facer cumplir unha lexislación que non ten nada que ver coa realidade actual. As leis teñen que regular a realidade, non se pode adapatar a realidade ás leis.
Estou profundamente decepcionado coa decisión do noso presidente socialista, do meu presidente, de nomeala ministra e as actitudes que estou a ver non fan máis que confirmar os meus temores.Paréceme "asustante" que a ministra de cultura non coñeza a realidade ou non a quera ver.
Saiba que seguiré, mentras sexa capaz, avanzando coa sociedade na que vivo. Saiba que baixarei música e películas. Saiba que usarei as aplicacións de Google. Saiba que mercarei discos e seguirei indo ao cine. Saiba que esta páxina está feita cun desenrolo de software libre sen pagar un can por elo.
Saiba que ao mar non se lle poden poñer portas e que a ola acabará por arrasar a todos os que tenten frear a marea de liberdade que representa a comparticiónde arquivos, o software libre e as redes sociáis. Saiba que o mundo e a sociedade son máis intelixentes que os individuos.
Un saudo e moitas grazas pola súa atención.
| Comentarios |
|






