Temos 5 invitados conectados

Pontedeume na Rede...!!!

 
  • Aumentar fonte
  • Fonte predeterminada
  • Disminuir fonte

Warning: realpath() [function.realpath]: Unable to access /usr/home/pontedeume.org/web/administrator/components/com_content/tables/content.php in /usr/home/pontedeume.org/web/libraries/joomla/filesystem/path.php on line 248

Unha nova vida II (Vinideros)

E-mail Imprimir PDF

   Xa estamos en Laxe. O inicio da nova vida.

   Hoxe iremos a Pontedeume a comer e a tomar os viños. Qué vai pasar?, Seremos "vinideros?.

   Os eumeses temos unha estrana relación de amor - odio cos que veñen de fora. Hay como unhas razas de xente en función da súa relación coa vila:

    .- Os eumeses: Son os que forman parte da vila por dereito propio, normalmente por herdanza.

    .- Os turistas: Que veñen a pasar uns días nun verán e que nalgún caso repiten anos despóis.

    .- Os turistas fieis: Son os que veñen a veranear dende hai anos, teñen piso ou alugan sempre o mesmo.

    .- Os "vinideros": Son os que se afincan na vila por razón do traballo.

   Os turistas son benvidos por comerciantes e particulares. Enchen as rúas de diñeiro e ambiente, a pesar de que ocupan as nosas esquinas nas barras dos bares. Os turistas fieis intégranse con toda normalidade na vida veraniega da vila. Forman parte da sociedade e incluso algún recibe homenaxes. 

   O problema o teñen os "vinideros". Os "vinideros" pensan que veñen a traballar e a formar parte da sociedade, pero están nun erro. Pontedeume ten un estamento social máis, un estamento creado para eles, para os que vivindo dende hai 20 anos en Pontedeume ainda teñen que oir de cando en vez aquelo de "Pero se ti non és de aquí!". Manolo Gómez, eumés de pro, será sempre un "pantanero" para a maioría. E a verdade crúa é que moitos deses que damos en chamar "vinideros" están a traballar por Pontedeume moito máis que os autóctonos. Quizáis non teñan o xen da "sombra telúrica de Breamo" e non se vexan afectados por ela. Quizáis a sombra non sexa máis que iso, unha sombra que pesa tan só sobre os que cren nela. Quizáis os eumeses teñamos que mirarnos un pouco máis nos "vinideros" para ver que as cousas poidan ser distintas e loitar por elas.

   Os "vinideros", en realidade, enriquécennos. Aportan novas formas de ver a nosa vila e a nosa sociedade para modernizalas. Dende aquí o meu voto polos vinideros. Benvido.

Fdo.: Un vinidero.

 

Comentarios
Engadir novo Buscar RSS
+/-
Escribir comentario
Nome:
Email:
 
Website:
Título:
Código UBB:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
 
 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side::):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:
 
Por favor introduce o código anti-spam que puedes leer en la imagen.
Anónimo   |09-09-2009 12:13:41
Hainos tamén que escollemos ser vinideros (nun principio non coñecíamos o
"xentilicio" e nos afincamos na vila polas súas bonanzas. Levamos xa
case eses 20 anos e costou ter amigos eumeses, xa que o noso carácter non é
moi extrovertido e os eumeses non son moi receptivos, como ben dis, a acoller
aos vinideros.
Escollimos unha vila para afincarnos e para VIVIR con todo o que
iso conleva. Dóenos que a vila onde naceron os nosos fillos non sexa todo o boa
que poidera e gustaríanos traballar para que que así fose. Grazas a eumeses
coma ti e a os vinideros reconvertidos en eumeses podemos logralo. (Un non é de
onde nace é de onde pace).
Ah! e anque vas "pacer" algo por Laxe,
espero que sexa pouco e ti seguirás sendo eumés. De todos os xeitos, se
queres, deixámoste ser vinidero.
Grazas e sempre benvido. Vémonos
Un
vinidero
Olga  - Pídolo, pónmelo, págolo, bébolo y voime contento   |04-10-2009 12:39:38
El título sólo es parte de una estrofa de "La cena", y en este caso es
tan falso como un duro ce veinticuatro reales.
Yo soy de donde me crié, de
donde fui a primaria, de donde me dí de cantazos de las zanjas de las traidas
agua con los chicos de los otros barrios... Y tierra como la mía ninguna.
Luego
comprendí que en todas partes cuecen garbanzos, que en todas partes -y a partes
iguales- están Dios y el Diablo, y aprendí que la parte más importante de
toda relación es el respeto, que, -como dicen o decían los préstamos
hipotecarios-, debemos -aprte de pagar-, conservar la propiedad como diligentes
padres de familia.
Botei a andar -para poder comer- polo mundo adiante. Estiven
en bastantes sitios y nunca esquencí aquél recuncho de terra onde tiven o
berce, e por suposto non me considero "venidero", nin aquí, nin
acolá.
E teño que dicir que na Vila dos Andrade dende o primear día que
cheguéi atopei agarimo e comprensión, e qué máis desexaría eu que podelos
voltar, con xuros que nunca me pidieron, tan só facendo o que debo facer,
respectar e traballar polo lugar onde me atopo.
Algúns dos meus fillos naceron
Eumeses, tan só porque os seus páis nese intre da vida e do espazo estaban
eiquí.
E non vos enganedes, non boto de menos ninghuna das terras por donde
pasei, e menos aún a miña, prque esta meus amigos a levo moi fondo metida y
tan so con pechar os ollos, ainda no medio da praza do Conde un sábado de
Feirón xa cheiro a ela.
Un abrazo
Alguén que nunca se considerará
"venidero" e que cando ten que dicir de onde es, di que es de
Pontedeume.

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

 

Acceso



Banner
Banner
Banner
Banner