Temos 8 invitados conectados

Pontedeume na Rede...!!!

 
  • Aumentar fonte
  • Fonte predeterminada
  • Disminuir fonte

De bares por Pontedeume ...

E-mail Imprimir PDF
Bar d'Jes
BAR DE VIÑOS
Rúa dos Ferreiros, 37

    Jes é, sen lugar a dúbidas, o mellor taberneiro de Pontedeume. No seu bar ofrécenos unha gran variedade de viños de todas as denominacións, acompañados por embutidos ou queixos de calidade.
     Coñece ben á súa clientela e ofrécelle os viños en función dos seus gustos sorprendéndote moitas veces.
     O local, ainda que non é grande nin ten unha decoración especial préstase á charla é sempre pasas nel uns bos ratos.
    Ten xente sempre, incluso os días de diario á noitiña. 
A Pitanza
BAR DE VIÑOS - RESTAURANTE. 
Rúa Real, 44.
    É outro dos meus favoritos. O amigo Carlos ten unha boa selección de viños para ofrecer aos clientes e unha adega de primeira.  Atención aos pinchos, ás veces esméranse e son moi bos.
    O local, ben acondicionado, ten unha decoración moderna, ainda que non se pasa, e está sempre cheo de eumeses disfrutando do pracer de charlar  ao abrigo dunha copa de viño. 
    Está situado estratéxicamente para tomar un par de rondas entre os viños da tarde e os da noite.
Tostaky
BAR DE VIÑOS - RESTAURANTE. 
Rúa Real, 34.
  Logo dunah longa andadura de boas racións e copas Tostaky cambia de dono e comenza unha nova etapa. Haberá que ver como vai a cousa
Touporroutou
BAR DE VIÑOS E COPAS
Rúa Real, 33.
    Foi, da man de Carlos, pioneiro desta etapa eumesa de hostelería de calidade, xunto co Fubolín e algún máis.
    Agora inicia unha nova etapa da que xa veremos os resultados.
Treboada
TABERNA
Rúa Cantón, 7.
    Local tranquilo, con decoración mariñeira, lixeiramente afastado das rúas de actividade hosteleira.
    Un bó sitio para descansar un pouco do bullicio e da xente tomando un viño cunha tapa de chourizo de Guijuelo.
Compostela
TABERNA - RESTAURANTE.
Rúa Real, 19.
    Outro dos clásicos bares da Rúa Real. Tamén é coñecido entre os maiores como O Canchela. Para tomar viños e tapas caseiras nun ambente de taberna de toda a vida.
    Ubicado na parte media da rúa polo que é un bó sitio para quedar e arrincar a noite comendo unhas tapas baixo os soportáis. 
Zas
TABERNA - TAPAS
Travesís Rúa Real, 2.
    A pesar de que ainda lembro o bar anterior, o Zas é, hai xa moitos anos, un clásico nos viños eumeses. Viños variados dos de toda a vida e boas tapas.
    A parada na estreita rúa xunto á porta e unha das obrigas de todo eumés que se precie.
Beer's Club
CERVEXERIA - TAPAS
Paseo de Rajoy, 4.
    Cervexería de "Estrella Galicia" situada na Alameda. Moi ampla, ben decorada e ben equipada. Un bó sitio para ver a tele, xogar unha partida ou ler alguna das revistas de que dispón.
    Tamén dan de comer e serven tapas e racións.
    Os venres hai actuacións en directo ás 12 da noite. 
Cervexería
CERVEXERIA - TAPAS
Paseo de Rajoy, 4.
Outra cervexería de "Estrella Galicia", esta vez situada fora dos circuitos de ambente eumés, na Avda. de Ricardo Sánchez, camiño do Centro de Saúde. Mantén un bó ambente a case todas horas. Varios televisores e fútbol cando o retransmiten.
Churrería El Puente
CAFÉ - BAR - CHURRERÍA
Avda. Saavedra Meneses, 23.
    Jose (O churrero) fai o mellor chocolate con churros da bisbarra, xunto coa churrería de Cabanas (do seu pai). Cafetería recentemente renovada frente ao peirao con bó servicio, unha mellor terraza e, como xa dixen, un chocolate con churros excepcional.
Martiño
CAFÉ - BAR
Avda. Saavedra Meneses, 1.
     O café - bar por excelencia de Pontedeume. Forma parte do acervo cultural eumés como pode formalo o Pilón ou o Torreón. Serven un bó cafe, excelentes churros, patacas fritidas caseiras, etc... nun ambente un pouco "demodé" pero que nos lembra outras épocas moito mas cercanas do que poideramos pensar.
    Segue sendo o bar que máis cedo abre da vila e o primeiro sitio donde poderemos mercar o diario.
   Aa terraza, ainda que ventoleira, e tamén un clásico do verán eumés.   
Taberna Cubana
BAR DE COPAS
Rúa Real, 35.
    No alto da Rúa Real, no triángulo de ouro do ambente eumés. Poderemos tomar mojitos, caipirinhas e demáis especialidades caribeñas. É un dos que colabouran coas actividades musicáis como "Lúas cheas na real" e demáis.
Odeón
BAR DE COPAS - CERVEXERÍA
Rúa de San Agustín, 6.
    Foi discoteca (Átomo), café cantante (xa como Odeón), logo discoteca de novo, e agora é unha cervexería ampla onde tomar tranquilamente unha copa de noite sen o rebumbio habitual das rúas eumesas pola noite.
Raiola
CAFÉ - BAR -TAPAS
Rúa Real, 12.
    "O bar de Ramón". Un pequeno local donde tomar boas tapas ou un bó café polas mñás. Acostuma a ter terraza todo o ano, cuberta polos soportáis.
O Abrevadeiro
BAR DE VIÑOS - CERVEXERÍA
Pza. da Calzada, 13.
    Un local pequeno pero coidado no que tomar unha cervexa ou un bó viño pola noite. Este verán organizou un concerto de Jazz na Praza da Calzada. Incluoo polo tanto no conxunto de locáis con ánimo de dinamizar a vidilla eumesa.
Fubolín
BAR
Avda. de Lombardero, 5.
     Local coidado no estético e na calidade dos productos. Bo café e ambente cordial a todas horas. Un pouco afastado das rúas de ambente pero con xente a todas horas. Tamén ten a costume de argallar concertos e actuacións no verán.
Andarubel
MESÓN - RESTAURANTE
Ctra. Ombre-Caaveiro, s/n.
    No río eume, en plenas Fraga do Eume. Un lugar perfecto para tomar unha cervexa antes de cear ou un cafe a media tarde para logo dar un paseo polas fragas. Ao seu carón temos o centro interpretación das Fragas do Eume.
Apnea
BAR DE COPAS
Rúa dos Ferreiros, 12.
    Local de copas cunha pequena pista de baile. Acostuma a ter moita xente a altas horas da madrugada. Ás veces pódese falar co do lado xa que o volume da música mantense dentro do razoable.
 

Fotografías

Acceso



Banner
Banner
Banner
Banner